FERRAMENTAS DE AUTOR
|
1.- Ferramentas clásicas. Procesador de texto. Presentacións, debuxos, ...
2. - Ferramentas de autor. 2.1 Hot Potatoes.
Inclúe
6 aplicacións que permiten crear actividades educativas en linguaxe html,
como:
Exemplo dunha unidade (Primaria - ESO. O Magosto). (Fonte: http://www.edugaliza.org). Exemplo de unha unidade. Problemáticos. (Fonte: http://www.edu.xunta.es/). Exemplo de unha unidade. Educación viaria. (Fonte: http://www.edugaliza.org). Exemplo dunha unidade. O Clima.
2.2 ARDORA Ardora é unha aplicación informática que lles permite a todas e todos os docentes crear as súas propias actividades, en formato html, para os seus alumnos e alumnas dun xeito moi sinxelo. Con Ardora pódense crear máis de dazaseis tipos distintos de actividades: encrucillados, sopas de letras, textos para completar, paneis gráficos, reloxos, etc. O profesor ou profesora só ten que centrar o seu esforzo nos elementos da actividade, non no seu tratamento informático. Na sección axuda, atopamos tutoriais para coñecer o seu funcionamento. Tamén temos unha descrición das posibles actividades. Exemplo dun material creado para este curso. Exemplo: O Rato Paco. (Fonte CEIP de Palmeira). Exemplo (Fonte CEIP de Frións).
Unha Web Quest é unha actividade de investigación dirixida. A información provén de Internet. Neste documento, (fonte: http://www.edu.xunta.es ) temos información precisa sobre este modelo e a identificación das súas partes. (Imprescindible).
Listado de Web Quest, mini Quest e cazas do tesouro do Portal da Consellería. (Enlace alternativo). Exemplos de Web Quest. (Fonte: http://www.edugaliza.org). Cómo crear unha WebQuest. Un curso completo. (Fonte http://centros.edu.xunta.es/ceipbanosdemolgas). Exemplos de webquest. (Fonte http://centros.edu.xunta.es/ceipbanosdemolgas). O día do teu nacemento (Primaria). Que facer ante unha marea negra?
Xerador on line de Web Quest. Axuda. Xerador on line de cazas do tesouro. Axuda.
Plantllas para WebQuest. Están en inglés, podémolas traducir.
2.4 LIM O sistema Lim é unha contorna para a creación de materiais educativos, composto por un editor de actividades (EdiLim), un visualizador (LIM) e un arquivo en formato XML (libro) que define as propiedades do libro e as distintas páxinas que o compoñen. O resultado. Letras Galegas 2007 (Infaltil e Primaria).
2.5 Clic. As actividades basicamente consisten en quebracabezas, sopas de letras, asociacións, encrucillados e actividades de texto. É necesario descargar a aplicación e instalala posteriormente. (Enlace alternativo). Actividades en Lapisdecores. Infantil, primaria e secundaria. Tamén contén un curso de creación de actividades localizado en recursos clic. (Fonte: http://www.galego21.net).
2.6 JClic. Java Clic. É a evolución do clic. JClic é o reproductor das actividades. A ferramenta JClic Author, permite crear e modificar proxectos xa feitos. Máis información dende esta ligazón. Listado de actividades do Portal da Consellería.
2.7 Proxecto Xogamos? Baixo o nome de Xogamos? agrúpanse unha serie de recursos informáticos adicados á elaboración e utilización de xogos de pregunta-resposta. É interesante o apartado adicado ós exemplos e aspectos didácticos.
3 Ferramentas web. 3.1 Xestores de contidos (Drupal, Joomla). Webs dinámicas. Drupal e Joomla son sistemas de administración de contidos
de codigo aberto baixo PHP que é utilizado pra publicar en Internet. Este
sistema utilízase cunha base de datos MySQL. Conteñen utilidades como feed
RSS, blogs e foros, entre outras. Están traducidos ó galego. Máis información sobre webs dinámicas. .(Fonte: Consellería de Educación) Un exemplo (Educación Física).(Fonte: http://maniotas.cesga.es/ )
3.2 Blogs. Webs dinámicas. Unha bitácora, weblog ou blog é unha páxina web cun deseño específico na que o escritor ou blogger pode publicar o que chaman anotacións ou posts. Unha das características destas páxinas web é que a última anotación feita polo blogueiro é a primeira que aparece cando se visita a páxina. As anotacións escríbense mediante un esquema de deseño o que fai que calquera persoa sen coñecementos de informática poida ter a súa bitácora. No ámbito educativo, as vantaxes xerais do uso dos blogs
son variadas: Os blogs como ferramenta educativa. Documento. Para crear blogs en Blogger. Manual. Blogs en galego. Bloggakiza, Blogteca. Blogalego, busca información nos blogs galegos. Outros:
O Redactor dixital. (Finalista no I Premio Espiral Edublogs) Aula Galicia (CCSS) Orientación académica e profesional. IES García Barbón. Verín. (2º Premio Espiral Edublogs modalidade de centros 2007). Ensino en galego. Preséntase software e utilidades que faciliten o achegamento das novas tecnoloxías ao eido educativo. Lector de contidos sindicados.
4 Aulas virtuais (Moodle). Webs dinámicas. Moodle é un sistema de xestión de cursos de libre distribución (course management system CMS) que axuda aos educadores a crear comunidades de aprendizaxe en liña. Cursos en Moodle. Aula virtual do IES Xulián Magariños de Negreira. Máis información. (Fonte: Consellería de Educación).
5 Anexo. Información sobre creación de materiais. (Fonte: http://www.edugaliza.org). Manual sobre o guión na creación de materiais. edición web. (Fonte: http://www.edugaliza.org). Recursos de autor e exemplos. (Fonte: http://www.edu.xunta.es ) Ferramentas de autor. (Fonte: http://www.edu.xunta.es )
|