GALINUX
| Esta distribución Linux contén numerosos
programas en galego. Na seguinte táboa temos unha descrición deles.
|
(Fonte: www.galinux.org).
| ENSINO E DESENVOLVEMENTO | ||
| 12_op_gaLogo*
|
0'1MB
|
Entorno de programación en Logo con manual e exemplos (orixinal do sitio lapis de cores). Cómpre cargar tamén o módulo 05_op_java. Ver 1.3: Incluído |
| 16_op_Squeak_3
| 40'6MB
|
Non é doado facer unha descripción de Squeak! (squeakland). Eles din que é "un procesador de ideas para nenos de todas as idades". Eu o vexo coma un entorno, case un sistema operativo dentro doutro no que pódense desenvolver multitude de actividades de ensino-aprendizaxe, dun xeito dirixido ou autónomo. É distinto ó resto de materiais e está baseado nuns principios pedagóxicas moi sólidos. Neste módulo hai 3 imaxes (entornos) para Squeak 3.x: o desenvolvido na Universidade de Santiago de Compostela (en galego), o da Junta de Extremadura (castelán) e a imaxe orixinal de Squeak 3.8 (inglés). Tamén contén o plugin para os navegadores. Ver 1.3: Non incluído |
| 12_op_KDE_edu_342_NVU_ST
|
32'2MB
|
Xogo do aforcado, repaso de latín, alfabetos internacionais, formas verbais do castelán, entreador de vocabulario, asociar tarxetas e termos, quebrados, figuras xeométricas, trazador de funcións, planetario, táboa periódica, lectura de notas musicais (castelán), titorial de mecanografía, editor de páxinas web (inglés), programación LOGO e editor de exames e tests. Módulo feito a partir da suite KDE Edutainment 3.4.2. Ver 1.3: Incluído |
| 12_op_javaclic*
|
7'0MB
|
Programa jClic (clic para Java): reproductor, editor de actividades, actividades de mostra e ligazón para atopar máis na rede. Cómpre cargar tamén o módulo 05_op_java. Ver 1.3: Incluído |
| 12_op_atnag_061003*
|
47'4MB
|
Atnag é un programa de autor, unha ferramenta que permite crear diferentes tipos de actividades para infantil e 1º ciclo de primaria (ven con algunhas de mostra). Recoméndase cargar tamén o módulo fontes_x11misc690_nova_bitstream. Dispoñible na sección de descargas. Ver 1.3: Non incluído |
| 12_op_edukator_0_6_2_gl*
|
1'0MB
|
Catro actividades interactivas sobre matemáticas e física orixinais de Muylkens Toon. Ver 1.3: Non incluído |
| 12_op_Anagramarama_0_2*
|
0'7MB
|
Xogo de anagramas. Os diálogos están en galego, a lista de termos en inglés (na Real Academia Galega din que non teñen a lista e o programa cifras e letras da TVG non no lo pode pasar... seguiremos tentándoo). Ver 1.3: Non incluído |
| 12_op_TuxPaint_0_9_16_stamps_gl*
|
18'2MB
|
Divertidos debuxos infantís con moitas figuras engadidas. Para os diálogos en galego cómpre cargar tamén 12_adm_Official_Development_module. Ver 1.3: Non incluído |
| 16_op_diapositivas_1_gl*
|
19'8MB
|
4 coleccións de diapositivas didácticas que sustitúen ao salvapantallas: cambio climático, froitas, instrumentos musicais e o premio nobel de literatura Pamuk (ver autores e outra información en "Os meus documentos", /root/diapositivas). Ver 1.3: Non funciona |
| 16_op_diapositivas_2_gl
|
17'1MB
|
4 coleccións de diapositivas (salvapantallas): 3 sobre a representación da muller na arte e outra sobre material de laboratorio de electricidade e magnetismo (ver autores e outra información en "Os meus documentos", /root/diapositivas). Ver 1.3: Non funciona |
| 12_op_kbabel_1_2
| 1'27MB
|
Ferramenta moi estendida para traducir programas. Ver 1.3: Non incluído |
| MULTIMEDIA, CONTROLADORES, LIBERIAS, PLUGINS, ETC. | ||
| 12_op_GtkGLExt_1_2_0b
| 1'6MB (n/a) |
Librería necesaria para outros programas. Non a empregue se non é sinalada como requisito por eles. Este módulo non se pode cargar en vivo. Ver 1.3: Non incluído |
| 13_op_guile_1_6_7
| 30'1MB (n/a) |
Librería necesaria para outros programas. Non a empregue se non é sinalada como requisito por eles. Este módulo non se pode cargar en vivo. Ver 1.3: Non incluído |
| 12_op_codecs_video_1_0
|
12'7MB (n/a) |
Decodificadores para arquivos multimedia de Windows: WMV, ASF, etc. Non é necesario para reproducir DVDs, MPEG, MP3, CD-Vídeo, OGG, etc. Ver 1.3: Incluído |
| 12_op_fotografia_digikam_0_8_0d
| 18'3MB
|
Con Digikam+ShowFoto pode importar as imaxes dunha cámara fotográfica, editalas, organizalas en coleccións e exportalas. A tradución é incompleta. Ver 1.3: Non incluído |
| 16_op_numlock
|
0'1MB (n/a) |
Por omisión, Galinux-Slax iníciase co teclado numérico deshabilitado coma é habitual en Linux. Isto é o máis recomendable nalgúns casos, coma os portátiles, pero noutros pode resultar incómodo. Con este módulo tanto a consola coma o entorno gráfico inícianse co teclado numérico bloqueado. Ver 1.3: Non funciona |
| 12_op_impresoras
|
22'1MB (n/a) |
Controladores para 1100 modelos de impresoras. Un módulo parecido (12_op_printmodule_1_0c.mo) de Agustín Pérez podería ir mellor nalgúns casos (descargalo por ). Vexa as instruccións para configurar a impresora. Ver 1.3: Incluído |
| 12_op_lm_sensors_2_10_0_1
|
0'2MB (n/a) |
Seguemento de temperaturas, voltaxes e ventildores para moitos modelos de hardware (dependendo do modelo da placa). Ir a menú de inicio, sistema, seguemento, monitor (ksysguard) e arrastrar os sensores desexados cara aos gráficos da dereita. Outro xeito de inicialo é tecleando na consola sensors-detect. Ver 1.3: Non incluído |
| 12_op_Linux_Webcam_Driver_02
|
0'5MB (n/a) |
Controlador xenérico para webcams. Ver 1.3: Non incluído |
| INTERNET | ||
| 11_op_firefox_1506_ga
|
9'7MB
|
Navegador web que ven con Flash de Macromedia xa engadido (O navegador por defecto do sistema gráfico KDE é Konqueror, que tamén ven con este complemento en Galinux-Slax). Ver 1.3: Incluído |
| 12_op_P2P_ktorrent_2_1_4_gl
|
2'3MB
|
Programa compatible co protocolo P2P BitTorrent para intercambio de arquivos na rede. Se emprega firewall, revise a súa configuración. Ver 1.3: Incluída a versión antiga (2.0) |
| 12_op_aMule_2_1_2-2
|
9'1MB
|
Programa tipo eMule de intercambio P2P. Se emprega o firewall, terá limitacións na conexión aos servidores (ID baixa). Nalgúns casos este módulo ten dado problemas coma colgar o explorador/navegador konqueror. Ver 1.3: Non incluído |
| OFICINA | ||
| 12_op_ooffice21ga*
|
108MB
|
Suite ofimática (versión 2.1) con procesador de textos, gráficos, presentacións de diapositivas, follas de cálculo, ecuacións, bases de datos. Ven con un xestor propio de impresoras e un completo corrector. Ollo: este módulo necesita de 250 a 450 MB adicionais de RAM e ter cargado tamén 05_op_Java (non é recomendable empregalo en PCs con memos de 1GB de RAM). Orixinais en mancomun.org. Vexa tamén a seguinte información e a copia da licencia en "Os meus documentos". Ver 1.3: Non incluído |
| 13_op_Scribus_1_3_3_1_gl*
|
11'6MB
|
Maquetación, composición gráfica, publicación... con Scribus podes facer folletos, revistas, dossiers, etc. Cómpre cargar tamén o módulo de impresoras. Ver 1.3: Non incluído |
| 08_op_kde_office_ga
|
21'6MB
|
Suite ofimática (versión 1.5.1) con procesador de textos, presentacións de diapositivas, folla de cálculo, bases de datos, cliente de correo e outros. Ver 1.3: Incluído |
| 08_op_aspell-gl-0.50_0
|
5'0MB
|
Corrector ortográfico en galego baixo normas de mínimos para KDE. Se está instalado, a suite Koffice o empregará de xeito automático. Ver 1.3: Incluído |
| 15_op_fontes
|
17'3MB (n/a) |
Engade a fonte "Nova Outubro TTF" (inspiración galega), o conxunto "Arkpandora TTF" (equivalente a equivalente a times, arial, etc.), a fonte "Escolar8" (manuscrita) e as "x11-fonts-misc" (usuais en moitas distribucións). Con este módulo, Galinux-Slax acada 66 fontes e ademais mellórase a visualización de algúns programas. Ver 1.3: Non incluído |
| 10_op_AbiWord_2_2_9-1_gl_dict
|
7'0MB
|
AbiWord 2.2 é un procesador de textos que pode importar e exportar moitos formatos e ten xa engadido o corrector de galego baixo normas de mínimos no seu formato propio. Vexa a seguinte información sobre un erro no programa. Ver 1.3: Incluído |
| XOGOS | ||
| 12_op_gnubik-2.2
| 0'3MB
|
O cubo inventado por E. Rubik. Cómpre cargar o módulo GtkGlExt. Se desexas a funcionalidade de scripts (guións con conxuntos de movementos) carga tamén o módulo Guile. NOTA: A descarga desde Slax.org é a versión en inglés. Ver 1.3: Non incluído |
| 12_op_gltron_070_gl*
|
2'5MB
|
Durante meses falamos deste xogo coma "Armagetron advanced". Foi un erro: o nome correcto é GlTron. Armagetron é tamén un xogo de motos de luz virtuais inspirado na película de Disney "Tron", pero non son o mesmo xogo . Sen aceleración gráfica pode ir demasiado lento para ser xogable: se é o caso, empregue o módulo para tarxetas nvidia, ATI ou probe con outros do sitio web de Slax. Ver 1.3: Non incluído |
| 12_op_real_armagetron_02821
|
1'6MB
|
Armagetron é outro xogo de motos de luz virtuais inspirado na película de Disney "Tron". Sen aceleración gráfica pode ir demasiado lento para ser xogable: se é o caso, empregue o módulo para tarxetas nvidia, ATI ou probe con outros do sitio web de Slax. Ver 1.3: Non incluído |
| 12_op_SuperTux_0_1_3_gl*
|
8'5MB
|
SuperTux é un divertido xogo de tipo plataforma. Non necesita aceleración gráfica. Ver 1.3: Non incluído |
| ADMINISTRACION | ||
| 10_adm_ligazons_XP_en_hda1hda2
|
(n/a) (n/a) |
Fai que Galinux-Slax amose no seu escritorio ligazóns a dous cartafois especiais do disco: os documentos dos usuarios e os módulos opcionais de Galinux-Slax. A versión hda2 amosa estas ligazóns á 1ª e 2ª particións do primeiro disco (de utilidade se Windows non está instalado na primeira delas ou está nas dúas). Se o disco duro non é do tipo IDE-ATA convencional, empregue o seguinte módulo. Ver 1.3: Incluído |
| 10_adm_ligazons_XP_en_sda1sda2
|
(n/a) (n/a) |
O mesmo que o anterior, pero deseñado para PCs con unidade de disco duro tipo Serial-ATA (SATA). Ver 1.3: Incluído |
| 16_adm_escritura_NTFS_GS14
| (n/a) (n/a) |
Habilita a escritura nas unidades de disco duro formateadas con NTFS (Windows XP e outros). Empregar con moita precaución. Na versión instalada de Galinux-Slax poderá escribir en calquera partición NTFS agás a que contén Windows XP. Os arquivos de sistema de Windows (rexistro e outros super-agochados) non se amosan por defecto nin con este módulo cargado. Para máis información empregue man ntfsmount e man ntfsprogs na consola. Este módulo non se debe cargar en vivo. Ver 1.3: Incluído (versión antiga) |
| 12_adm_Official_Development_module
|
49,7MB (n/a) |
Módulo de desenvolvemento de Slax. Contén librerías, código fuente, compiladores, etc. Non engade nada no menú KDE pero habilita moitas funcións dende a consola de comandos, coma configure + make install, etc. Pode interferir coa reproducción multimedia. Este módulo non se debe cargar en vivo. Ver 1.3: Non incluído |
| 10_adm_deb2mo_tgz2
|
0,7MB
|
Converte instalables Debian (*.deb) e Slackware (*.tgz) en módulos Galinux-Slax. Ver 1.3: Non incluído |
| 16_xestor_conexions_netGo_0_5
| 0,2MB
|
Módulo empregado para a configuración manual da rede: se atopa o arquivo conf_web.txt no cartafol raíz dalgunha unidade, empregará os seus datos para configurar a rede. Pode encher os datos co asistente para Windows ou facelo a man: executar Galinux-Slax, vaia a Inicio > Internet > Xestor de Conexións netGo, e configure a rede. Se está a empregar sesións permanentes xa non cómpre facer máis. Se non é o caso, atope o arquivo /root/.qt/netgorc e cópieo nun cartafol raíz coma conf_web.txt (lembre que o cartafol .qt está agochado). Ver 1.3: Non funciona |
| 12_adm_config_pers_Broderskapets_Ring_1-7b
| 0,1MB
|
BR-Zettings do noruego permite gardar a configuración do usuario dun xeito totalmente personal. É unha ferramenta moi cómoda para facer a súa versión de Galinux-Slax. Ver 1.3: Non incluído |