HOT POTATOES

 

JBC crea exercicios de elección  múltiple. Cada pregunta pode ter tantas respostas como queiramos e calquera número delas poden ser correctas. En contestación a cada resposta  aparece a porcentaxe de acertos cada vez que seleccionamos unha resposta correcta. Tanto en JBC como no resto dos programas é posible incluír unha lectura que o alumno efectuará antes de realizar os exercicios.

JCloze xera exercicios de encher ocos. Pódese pór un número ilimitado de posibles respostas correctas para cada oco e o alumno pode pedir axuda se ten dúbidas e mostraráselle unha letra da resposta  correcta cada vez que pulse o botón de axuda. Unha pista especifica pode ser tamén incluída para cada oco. O programa permite colocar os ocos en palabras seleccionadas polo usuario ou facer o proceso automático de forma que se xeren ocos cada “n” palabras dun texto. Tamén se inclúe puntuación automática.

JCross crea crucigramas,  pódese usar unha cuadrícula de calquera tamaño. Como en JQuiz e JCloze, un botón de axuda permite o estudante solicitar  unha letra no caso de que a necesite . 

JMatch crea exercicios de emparellamento ou ordenación. Unha lista de elementos aparecen na esquerda (estes poden ser imaxes ou texto), con elementos desordenados  á dereita..  Esta aplicación pode ser usada por exemplo para emparellar vocabulario con imaxes ou traducións, ou para ordenar sentenzas que forman unha secuencia ou unha conversación. Témolos de dous tipos: podemos seleccionar o nome dos monumentos das fotografías seleccionándoas das listas desplegables que se mostran ou podemos facer "clic" sobre o elemento en cuestión arrastrando co rato e soltalo no lugar axeitado.

JMix  crea exercicios de reconstrución de frases ou parágrafos a partir de palabras desordenadas. É posible especificar tantas respostas correctas diferentes como queiras baseadas en palabras e signos de puntuación da frase base. Pódese inserir un botón que axuda ao estudante coa seguinte palabra ou segmento da frase se o necesita.