|
Descargar
o instalador adecuado á súa configuración, descomprimir e executar.
Activar idioma para a corrección e/ou hifenización en galego. Para corrixir
os textos en galego debe cambiar para idioma galego en Ferramentas->Idioma->Cambiar
idioma. Unha vez feito isto, poderemos corrixir os nosos documentos en
galego. Lembre que se quere corrixir un documento creado antes de realizar o
cambio de idioma, debe activar de novo o galego, xa que o documento
Normal.dot de Office garda a configuración da lingua de cada documento.
(Fonte: Imaxin Software)
|