|

Para instalar o novo corrector, que é multiplataforma, segue
as seguintes instrucións:
Descargar o arquivo
gl_ES-pack.zip ao disco duro.
Abrir o Writer.
Escoller no menú Ficheiro, Asistentes, Instalar novos dicionarios...
No documento que se abre premer sobre Galego (ou Español se o teu asistente
non está traducido ao galego)
Premer no botón Executar DicOOo.
Marcar a opción "Instalación dun paquete de dicionario xa descargado".
Premer no botón Explorar. Buscar o arquivo descargado no paso 1 no noso
disco: gl_ES-pack.zip.
Premer no botón Seguinte.
Escoller o idioma Galician (Spain)
Premer Seguinte nas 2 seguintes pantallas.
Na pantalla onde aparece a mensaxe "O asistente descomprimirá os dicionarios
seleccionados e instalaraos", desmarcar "Non descomprimir os dicionarios que
xa están instalados (non actualizar)" para que no caso de ter unha versión
antiga do dicionario galego a actualice.
Premer Seguinte e logo Rematar.
Unha vez finalizado o proceso, pechar o Writer. A seguinte vez que se
reinicie xa estará instalado o corrector galego.
|